Hai uns días tivemos na aula unha actividade organizada polo Concello e en colaboración coa Federación de Asociación de persoas xordas de Galicia (FAXPG), na que Tino, unha persoa xorda de esa asociación e dúas intérpretes nos ensinaron un pouco máis de cerca como é a linguaxe de signos, contáronnos contos, ensináronnos uns vídeos e explicáronnos un montón de dúbidas que tiñamos sobre este tema.
Chamounos moito a atención e pareceunos moi interesante esta actividade:
Moitas grazas ós membros de FAXPG por ensinarnos tantas cousas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario