Cada
vez fai máis calor e temos máis sol así que na clase dos tulipáns
decidimos seguir probando a plantar cousiñas para continuar
aprendendo moito máis sobre a vida e coidados das plantas.
En
esta ocasión decidímonos por plantar as clásicas legumes en
algodón, concretamente plantamos lentellas!! Queriamos algo que
crecese rápido e que nos permitise diferenciar ben as partes das
plantas, así que puxémonos mans á obra!!
Precisamos:
Un vaso transparente para ver ben todo o proceso, un anaquiño de algodón e sementes de lentella.
Xa estamos preparados, cada neno puxo o nome no seu vaso e colocaron as lentellas na sua "camiña" de algodón.
Listo!! Agora a regalas ben e poñelas ó sol para ver como medran!!
Agora a coidalas e a medrar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario