Levo
moito tempo desexando facer esta entrada sobre o noso novo proxecto,
e por diferentes motivos nunca podía acabala, pero por fin a teño
lista para que podades ver como
comezou e todo o que estamos traballando sobre el.
Este
proxecto iniciouse comezado xa o segundo trimestre, estabamos na
clase lendo un conto cando de repente escoitamos un gran ruído que
fixo que nos asomaramos á porta e ás ventás para saber o que
estaba pasando.
Vimos
que no chan do patio había unhas grandes bolas que non sabiamos de
onde saíran, así que con moito coidado decidimos ir a mirar o que
pasaba.
Saímos
ó patio e vimos que o que había no chan parecían pedras,
meteoritos dicían algúns!!!
Despois
de mirar con moito coidado, decidimos que a profe collera unha de
esas pedras (iso si, con guantes por si queimaba), e a levase para a
clase para ver ben o que pasaba.
Analizamos
moito esa pedra tan rara,a ver si sabiamos que acababa de pasar no
cole de Arteixo, e de repente chegáronnos noticias que nos aclararon
un pouco máis a situación!! Xosé Luís, o
noso director, saía nas noticias para informarnos do que pasaba,
mirade o vídeo que nos mandou:
Por fin nos quedou claro o que pasara, unha chuvia de meteoritos acababa de caer no noso cole, e deberiamos buscar información sobre este suceso e todo o que está relacionado co Universo, así que decidimos comezar a traballar este tema na aula dende ese mesmo momento.
Para
aprender cousas sobre o Universo pensamos que o mellor era pedir
axuda ás nosas familias e elaboramos unha nota para saber si eles
terían información sobre o tema:
Coma
sempre que pedimos axuda ás nosas familias, a súa colaboración non
tardou en chegar, e pouco a pouco fomos conseguindo un montón de
información sobre os planetas, as estrelas, os asteroides, a vía
lactea....e moitas máis cousas do Universo.
Cada neno foi explicando ós seus compañeiros o material que trouxo e todo o que podiamos aprender con el.
Grazas a toda esta información que conseguimos, estamos aprendendo un montón de cousas sobre este proxecto.
O primeiro que traballamos foron os planetas, estudiamos as características de cada un deles, e incluso os representamos no noso recuncho do Universo:
Traballamos un pouco máis en profundidade o Planeta Terra, e experimentamos con diferentes formas de pintura, como spray e contagotas para recrear a mesma:
Como se fosemos auténtico especialistas da NASA tamén fixemos experimentos, e diseñamos un cohete que saíu voando polo ceo de Arteixo a toda velocidade.
Usamos vinagre e bicarbonato, que introducimos en una botella de plástico, e mirade o resultado:
Mirade que como saíu voando:
Este
proxecto tamén nos está servindo para traballar algún dos días de
Obrigada Conmemoración, como o día da Muller Traballadora, no que
coñecemos cales foron as mulleres máis importantes que foron ó
espazo ou que realizaron algunha actividade importante relacionada
con este tema.
Traballamos
un pouco máis en profundidade a Valentina Tereshkova, primeira
muller astronauta:
Estas foron algunhas das actividades que traballamos sobre o Universo, pero veremos moitas máis, xa que é un tema que está sendo moi motivador e que está encantando ós nosos tulipáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario