O pasado 15 de maio celebrouse o Día da Familia e a clase dos tulipáns quixemos facer un pequeno agasallo para regalarlle á nosa familia, que tanto nos cuida.
Elaboramos uns portavelas moi bonitos con plastilina, decorámolos con moitos brillantes e envolvémolos para que vos gustaran moito.
Primeiro tivemos que estirar ben a plasti, e coa axuda de un molde fixemos figuras con formas de flor.
Despois decorámola con brillantes, estreliñas e purpurina, para que quedara ben bonita:
Mirade que bonitos nos quedaron os nosos portavelas!!
Agora soamente nos queda envolvelos e esperar a que á nosa familia lles guste tanto como nos gustou a nós facelos!
FELIZ DÍA DA FAMILIA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario