O pasado venres tivemos festa no cole, celebramos o Samaín!!! Todos viñemos disfrazados con traxes terroríficos e pasámolo en grande!! Mirade que medo dábamos:
Foi un día cheo de sorpresas monstruosas!! bailamos, cantamos e vimos debuxos relacionados con esta festa. E para rematar o día fixemos una merenda realmente terrorífica!
Primeiro elaboramos una poción máxica, con un conxuro e uns ingredientes segredos, que nos encantaron!
Despois de beber a nosa poción máxica chegou a hora de facer a merenda, e hoxe merendamos... arañas e gusanos!!!!!
Como elaboramos esas arañas?? pois con ingredientes tan ricos coma estes:
Cada alumno fixo a súa araña e quedaron riquísimaaaaas!!
Listas!! que boa pinta!
Agora queda o mellor...a comer!!
Foi un día moi divertido! E por suposto non podemos olvidarnos da vosa gran axuda colaborando en decorar o cole con cabazas tan divertidas coma estas, moitas grazas familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario