Despois de aprender como se levaba a cabo o proceso da vendima e compartir esta actividade cos demais alumnos de 5º de Infantil, decidimos seguir traballando e facer na nosa aula un riquísimo zume de uva!!
Utilizamos unos pequenos mazos de madeira, un colador e uvas moradas e verdes. Con moito coidado fomos machucando as uvas e separando as pepitas e a pel do resto do zume.
Xa colado o zume chegou o momento de probalo!! Á maioría encantoulles e incluso repetiron!!
Estámonos convertendo en uns verdadeiros expertos no mundo das uvas, e estamos aprendendo moito gracias a elas, tanto que ata nos puxemos a debuxar usándoas como pinturas:
Temos que agradecer á profe Iria que foi a que nos trouxo todas estas uvas para que puideramos experimentar con elas, foron unhas actividades xeniais!
No hay comentarios:
Publicar un comentario