Seguimos traballando os froitos típicos de esta época de Outono, nesta ocasión coñecemos o "membrillo"ou marmelo e decidimos facer con el doce de membrillo!!!
Preparamos os ingredientes que necesitábamos: 4 membrillos, auga e azucre. Aprobeitamos para contar as froitas, pesalas e ver cales son os pasos que temos que dar.
O primeiro que fixemos foi lavar os membrillos:
Despois tivemos que cortalos en anacos pequenos:
Xa está a froita cortada, agora é o momento de poñela a cocer con un pouquiño de auga:
Con moito coidado comezamos a remexer para que non se queimara, e esperamos a que os membrillos se foran poñendo brandiños:
Chegou o momento de botar o azucre e seguir remexendo:
Xa está case listo!! só falta poñelos nos moldes e esperar a que enfríe:
Listo!!! a probalo!!
Despois de todo o proceso, elaboramos un panel cos pasos que seguimos e colocámolo no noso "recuncho do Outono" para que non se nos olvide a receita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario