Seguimos con máis festexos que nos trae a estación do Outono. Si a semana pasada celebramos o Samaín agora tócalle o turno ó Magosto!! A gran festa das castañas!
Celebrámolo este pasado venres día 11 e foi un día do máis completo, fixemos de todo: xogos, maquillaxe, probamos froitos de outono, comemos castañas...pasámolo xenial!
Comezamos a mañá poñéndonos guapos para a festa e pasamos por maquillaxe para que nos debuxaran na cara, como non, unha castaña, que é o máis típico de esta festa:
Antes de seguir coa celebración fomos a ver ó noso "castañeiro" para levarlle as castañas que queriamos que nos asara, e ensinarnos así como o facía e que materiais usaba:
Mentres esperabamos a que as castañas estiveran listas, chegou o momento dos xogos!! preparámonos para unha "xinkana" especial con xogos de castañas nos que o pasamos xenial!!!
2. Segundo xogo: encesto castañas!
3. Terceiro xogo: carreira de relevos con coroa de castañas!
4. Cuarto xogo: debullámolo millo!
5.Último xogo: carreira coa castaña e a culler!
Pasámolo tan ben nos xogos que se nos pasou o tempo voando e cando nos demos conta xa era hora de merendar!!! pero antes de comer as nosas merendas tivemos tempo a facer unha pequena cata de froitos de outono, xa que algúns deles non os coñecíamos, e foron todo un éxito:
Probamos uvas, mandarinas, granada e caquis.
Despois de tantas actividades por fin chegou o momento de comer as castañas!!! Así que collemos os nosos cestos que preparamos para a ocasión (e que como vedes nos quedaron preciosos) e fomos a por elas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario