lunes, 10 de octubre de 2016

IMOS DE VENDIMA!!

Xa estamos en Outono e este ano quixemos aprender no cole una actividade moi típica de esta época  como é a vendima.
O pasado luns convertemos o patio de Infantil na nosa zona de vendima, con "parras", zona para pisar as uvas, outra para esmagalas, e ata un mural no que pintamos coas propias uvas.

Primeiro recollemos as uvas nas "parras" que colocamos no patio, botámolas en unas bandexas para poder despois utilizalas nas outras actividades.
  
Cando xa estaban recollidas as uvas probamos a pisalas cos pés para facer zume, notar a súa textura e ver como se vive de verdade o momento da vendima:
 
Despois de pisar as uvas tocaba lavar os pés e limpiarnos ben!!
Ademais de aprender a pisar as uvas cos pés, tamén probamos a esmagalas con uns mazos para ver como saía o zume:
Por último utilizamos as uvas para outro uso menos habitual, para pintar un mural que pegamos no patio, e puidemos ver que coas uvas moradas podemos facer grandes obras de arte!
 
Foi un auténtico día de vendima!! coñecemos máis cousas sobre esta práctica, aprendemos moito sobre como se fai o zume de uva e o viño e o máis importante, pasámolo en grande!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario