sábado, 1 de octubre de 2016

PLANTAMOS TULIPÁNS!!

O curso pasado tiña en mente una actividade que ó final non se puido levar a cabo, pero de este curso non podía pasar, así que xa que estamos na época, decidímonos a plantar tulipáns!!!!
Non podía ser que a "Clase dos tulipáns" non vise como se plantaban e nacían as súas flores!
Preparamos os materiais que íamos a precisar e puxémonos mans á obra:

 Coa axuda da profe Oliva, colocamos a terra en unas caixas grandes, amasámola para comprobar a súa textura e que quedase ben lisiña. Despois colocamos nela os bulbos de tulipán, e tapámolos outra vez con terra para que quedaran  protexidos.
Cando xa estaba case listo, tivemos que buscar na clase un rinconciño para que os nosos tulipáns estivesen a gusto, e que lles dese un pouquiño de sol. Entre todos decidimos cal sería o lugar ideal e alí os puxemos a descansar:
Tamén aproveitamos para escribir todo o proceso e utilizando a nosa nova pizarra dixital escribimos os materiais que nos fixeron falta para plantar:
Agora queda o peor...esperar ata a primavera a ver si os nosos tulipáns queren sair!!! Imos a coidalos o mellor que podamos, e cada día o Encargado terá que regalos para que non pasen sede:
Faltan aínda moitos meses así que a esperar a ver si en primavera temos tulipáns de verdade!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario