Seguimos con máis saídas, en esta ocasión o noso destino foi o Museo de Belas Artes da Coruña.
Chegamos con moitas ganas de ver as obras de arte que se encontran alí, e de aprender cousas novas:
O primeiro que nos ensinaron foi unha enorme escultura de madeira que representaba un xigante, e que nos chamou moito a atención:
Aprendemos con qué materiais se fixo a escultura, e cánto lle custou ó artista tela acabada.
Ademais de este xigante con cara de enfadado tamén vimos moitos cadros. Todos eles contaban historias sorprendentes, e todos estaban pintados con cores e figuras distintas!
Aprendemos moito sobre arte, cómo se chamaba algúns pintores, que cousas lles gustaban e qué cores utilizaban. Nós tamén xogamos coas cores, e combinámolas de moitas formas diferentes.
Despois de ver tantos cadros e obras de arte, deixáronnos converternos a nós tamén en artistas, e puidemos pintar unha réplica de un cadro de Luís Seoane utilizando diferentes materiais:
Disfrutamos moito con estas saída, aprendemos moitas cousas e sobre todo pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario