O pasado 6 de Xuño tivemos a nosa excursión de Fin de Curso!!!! estabamos moi emocionados porque esta saída é un pouco diferente ás demais xa que comemos fora da casa e non volvemos ata pola tarde ó cole!! Os nervios eran evidentes, e estabamos ansiosos de que chegara o autobús que nos levaría á CASA DO QUEIXO!!
Despois de un ratiño de autobús por fin chegamos!! a esta excursión acompañáronnos tamén as outras duúas clases de 3 anos, así que cando chegamos os monitores da Casa do Queixo fixeron varios grupo mesturando a todas as clases:
Cada grupo empezaría con diferentes actividades, mirade que atentos estabamos para non perdernos ningunha indicación:
Comezamos entón cos diferentes talleres:
- Vimos animais da granxa, e explicáronnos cómo viven e cómo son, e incluso puidemos ata tocar a algún:
- Tamén traballamos con lana de ovella, explicáronnos como llela sacan e qué podemos facer con ela. Tocámola e manipulámola para facer unha ficha:
- En outro dos talleres ensináronnos cómo era unha casa antiga de aldea, e a través de unha bonita historia contáronnos cómo vivían antes os nosos avós, cando non había electricidade nin tele:
- E por último o outro taller como non podía ser de outra forma na Casa do Queixo, pois era precisamente ver cómo se fai o queixo:
Despois de traballar tanto e aprender tantas cousas chegou o momento de descansar un pouco e repoñer forzas, o momento da comida:
Pasámolo xenial, foi un día moi intenso no que aprendemos moitas cousas e disfrutamos moitísimo!! Unha gran saída para despedir un gran curso:
A volta foi moito máis tranquila porque a maioría estaban agotados!! foi un día de moitas emocións e notouse no autobús:
No hay comentarios:
Publicar un comentario