miércoles, 8 de junio de 2016

VISITA DA POLICÍA

Grazas a unha actividade organizada polo concello de Arteixo tivemos unha visita moi especial! Unha axente da policía local veu ó cole para ensinarnos cómo traballan, que roupa levan e para darnos algúns consellos moi importantes sobre a súa labor na sociedade.
 Gustounos moito ver a roupa e as "armas" que levaban, probamos as esposas e ata nos ensinaron a porra. Tamén nos contaron un conto, pero o que máis nos gustou foi poder montar en un coche de policía de verdade!!

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario