lunes, 30 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN DE DINOSAUROS

Fai unhas semanas tivemos unha saída a unha exposición de Dinosauros e Prehistoria que se celebraba en Expocoruña. Xa que durante este curso traballamos estes  dous proxectos  non podíamos faltar así que marchamos rumbo a Coruña con moitas ganas de ver estes enormes animais.
Cando chegamos a Coruña estabamos desexando ver os Dinosauros, e cando chegamos a Expocoruña non nos podiamos crer que fosen animais tan enormes!!! A pesar de habelo estudado meses atrás, sorprendeunos o seu gran tamaño!
Ademais das maquetas dos dinosauros, tamén coñecemos a un paleontólogo, que nos ensinou como se deben buscar os restos e fósiles que están enterrados na terra. E por suposto non o dubidamos e puxémonos a buscalos como auténticos expertos:
 Ademais de dinosauros, unha parte da exposición trataba sobre a Prehistoria, e puidemos ver cómo eran os primeiros homes que existiron, e qué animais vivían naquela época, como os mamuts:
Gustounos moito a exposición, pasámolo xenial e seguimos aprendendo cousas sobre os nosos proxectos!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario