A semana pasada celebramos no cole o Día do Libro!
Unha das actividades que se realizaron foron uns contacontos que alumnos de Primaria fixeron nas aulas de Infantil. Á nosa aula viñeron unhas nenas de 6º curso que nos contaron o conto "A toupiña quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza", e gustounos moito, dende aquí dámoslles as grazas!
Tamén traballamos os diferentes contos que leemos na clase durante o curso e cada alumno elixiu o que máis lle gustaba, mirade cal foi a súa elección:
Tamén nos acordamos das nosas familias un día coma este e quixemos darlles un pequeno agasallo: un marcapáxinas do "Monstro de cores". Foi un conto que traballamos moito na aula e que lles encanta. Espero que vos gustara e que o usedes moito:
No hay comentarios:
Publicar un comentario