Continuamos o Proxecto da Prehistoria e continuamos aprendendo cousas sobre as diferentes pinturas rupestres que elaboraban na antigüidade, e coas que decoraban as covas.
Fai uns días pintamos un mural con témperas imitando as pinturas prehistóricas, pero agora utilizamos diferentes elementos naturais cos que pintaban antigamente e que podemos atopar ó nosos redor e na natureza.
Pintamos con carbón:
Con barro:
E con flores:
Pintar con carbón gustounos moito, fixemos varios debuxos e acabamos pintando non só iso!!tamén as mesas, as mans...foi moi divertido:
O barro e as flores pintaban un pouquiño menos pero tamén nos gustou moito probalas, e ver que podemos sacar cores dos elementos do nosos contorno:
Grazas a esta actividade aprendemos que ó noso redor tamén podemos sacar pinturas coas que facer grandes obras de arte, coma se fosemos prehistóricos, e quedáronnos debuxos preciosos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario