lunes, 18 de abril de 2016

PINTURAS RUPESTRES

O noso proxecto sobre a Prehistoria sigue adiante e estamos aprendendo moitas cousas sobre este tema, como as diferentes pinturas coas que os homes prehistóricos adornaba as súas covas.
Vimos varias fotos de esas escenas que pintaban, sobre todo de caza, e despois de analizar cómo as pintaban, que colores usaban...decidimos trasladarnos a esa época e facer nós tamén pinturas rupestres!! 
Cubrimos unha das paredes da aula con papel continuo e utilizando as nosas mans como facía antigamente, deixámonos levar para pintar un mural prehistórico!!
 Mirade que mural tan estupendo!!parece unha auténtica pintura prehistórica:
Ademáis de esta pintura que fixemos todos xuntos, cada alumno a nivel individual pintou tamén un pequeno cadro prehistórico:

No hay comentarios:

Publicar un comentario