domingo, 20 de noviembre de 2016

COCIÑAMOS FROITOS DE OUTONO: MEMBRILLO!!

Seguimos traballando os froitos típicos de esta época de Outono, nesta ocasión coñecemos o "membrillo"ou marmelo e decidimos facer con el doce de membrillo!!!
Preparamos os ingredientes que necesitábamos: 4 membrillos, auga e azucre.  Aprobeitamos para contar as froitas, pesalas e ver cales son os pasos que temos que dar.
O primeiro que fixemos foi lavar os membrillos:
Despois tivemos que cortalos en anacos pequenos:
                  
Xa está a froita cortada, agora é o momento de poñela a cocer con un pouquiño de auga:
Con moito coidado comezamos a remexer para que non se queimara, e esperamos a que os membrillos se foran poñendo brandiños:
Chegou o momento de botar o azucre e seguir remexendo:
Xa está case listo!! só falta poñelos nos moldes e esperar a que enfríe:
Listo!!! a probalo!!
 Despois de todo o proceso, elaboramos un panel cos pasos que seguimos e colocámolo no noso "recuncho do Outono" para que non se nos olvide a receita!












sábado, 12 de noviembre de 2016

DE FESTA EN FESTA CHEGAMOS Ó...MAGOSTO!!!!

Seguimos con máis festexos que nos trae a estación do Outono. Si a semana pasada celebramos o Samaín agora tócalle o turno ó Magosto!! A gran festa das castañas!
Celebrámolo este pasado venres día 11 e foi un día do máis completo, fixemos de todo: xogos, maquillaxe, probamos froitos de outono, comemos castañas...pasámolo xenial!
Comezamos a mañá poñéndonos guapos para a festa e pasamos por maquillaxe para que nos debuxaran na cara, como non, unha castaña, que é o máis típico de esta festa:
Antes de seguir coa celebración fomos a ver ó noso "castañeiro" para levarlle as castañas que queriamos que nos asara, e ensinarnos así como o facía e que materiais usaba:
Mentres esperabamos a que as castañas estiveran listas, chegou o momento dos xogos!! preparámonos para unha "xinkana" especial con xogos de castañas nos que o pasamos xenial!!!
1. Primeiro xogo: baile da castaña!!
 2. Segundo xogo: encesto castañas!
3. Terceiro xogo: carreira de relevos con coroa de castañas!
4. Cuarto xogo: debullámolo millo!
5.Último xogo: carreira coa castaña e a culler!
Pasámolo tan ben nos xogos que se nos pasou o tempo voando e cando nos demos conta xa era hora de merendar!!! pero antes de comer as nosas merendas tivemos tempo a facer unha pequena cata de froitos de outono, xa que algúns deles non os coñecíamos, e foron todo un éxito:
Probamos uvas, mandarinas, granada e caquis.
Despois de tantas actividades por fin chegou o momento de comer as castañas!!! Así que collemos os nosos cestos que preparamos para a ocasión (e que como vedes nos quedaron preciosos) e fomos a por elas!
l