martes, 26 de junio de 2018

SAÍDA A ALDEA NOVA!

Perdoade pola miña tardanza en poñer esta entrada pero estas últimas semanas foron un pouco de "tolos" e non tiven posibilidade de facelo.
Foi un dos días máis esperados polos nosos tulipáns, a desexada saída de fin de curso!!
Este ano fomos á granxa escola de Aldea Nova en Neda, e a pesar de que o día non axudou moito e houbo que cambiar algunas das actividades programadas, disfrutamos a tope!!
Como estaba chovendo bastante non puidemos realizar algún talleres como o de montar a cabalo, e so un grupo puido darlle de comer ós animais.  Pero iso non impediu que realizaramos outras cousas tamén moi divertidas, mirade:

- Antes de que empezara a chover este grupo puido ver os animais e darlles de comer, pero por desgraza foron os únicos, xa que despois foi imposible saír a velos!

- Outra das actividades foi o taller de pan:

- Plantamos no invernadoiro:


- Aprendimos a facer velas, e vimos instrumentais de apicultura:

- Xogamos a xogos tradicionais:
E como non disfrutamos de una rica comida todos xuntos!


A pesar do mal tempo foi un día moi divertido, e cheo de grandes experiencias. Disfrutamos moito!!! Ata sempre Aldea Nova!



No hay comentarios:

Publicar un comentario