Entre finais do mes de maio e principios de este mes de xuño tivemos dous cumples na clase dos tulipáns. En esta ocasión foron Andrea e Valentina que cumpriron 4 anos e quixeron celebralo con nós!! As dúas trouxeron uns ricos biscoitos que estaban riquísimos!! PARABÉNS ÁS DUAS!!
miércoles, 8 de junio de 2016
miércoles, 1 de junio de 2016
SAIDA Ó MUSEO DE BELAS ARTES
Seguimos con máis saídas, en esta ocasión o noso destino foi o Museo de Belas Artes da Coruña.
Chegamos con moitas ganas de ver as obras de arte que se encontran alí, e de aprender cousas novas:
O primeiro que nos ensinaron foi unha enorme escultura de madeira que representaba un xigante, e que nos chamou moito a atención:
Aprendemos con qué materiais se fixo a escultura, e cánto lle custou ó artista tela acabada.
Ademais de este xigante con cara de enfadado tamén vimos moitos cadros. Todos eles contaban historias sorprendentes, e todos estaban pintados con cores e figuras distintas!
Aprendemos moito sobre arte, cómo se chamaba algúns pintores, que cousas lles gustaban e qué cores utilizaban. Nós tamén xogamos coas cores, e combinámolas de moitas formas diferentes.
Despois de ver tantos cadros e obras de arte, deixáronnos converternos a nós tamén en artistas, e puidemos pintar unha réplica de un cadro de Luís Seoane utilizando diferentes materiais:
Disfrutamos moito con estas saída, aprendemos moitas cousas e sobre todo pasámolo xenial!
lunes, 30 de mayo de 2016
EXPOSICIÓN DE DINOSAUROS
Fai unhas semanas tivemos unha saída a unha exposición de Dinosauros e Prehistoria que se celebraba en Expocoruña. Xa que durante este curso traballamos estes dous proxectos non podíamos faltar así que marchamos rumbo a Coruña con moitas ganas de ver estes enormes animais.
Cando chegamos a Coruña estabamos desexando ver os Dinosauros, e cando chegamos a Expocoruña non nos podiamos crer que fosen animais tan enormes!!! A pesar de habelo estudado meses atrás, sorprendeunos o seu gran tamaño!
Ademais das maquetas dos dinosauros, tamén coñecemos a un paleontólogo, que nos ensinou como se deben buscar os restos e fósiles que están enterrados na terra. E por suposto non o dubidamos e puxémonos a buscalos como auténticos expertos:
Ademais de dinosauros, unha parte da exposición trataba sobre a Prehistoria, e puidemos ver cómo eran os primeiros homes que existiron, e qué animais vivían naquela época, como os mamuts:
Gustounos moito a exposición, pasámolo xenial e seguimos aprendendo cousas sobre os nosos proxectos!!
domingo, 22 de mayo de 2016
DÍA DA FAMILIA
O día 15 de maio celébrase o "Día da Familia" e na clase dos tulipáns decidimos facer un pequeno agasallo para dicirvos familias todo o que vos queremos.
Puxémonos mans á obra para elaborar uns ambientadores caseiros que vos gustasen moito e que deran moi bo olor ás nosas casas.
Precisamos uns pequenos botes de cristal que decoramos co que máis nos gusta: purpurina, brillantes, goma eva...
Unha vez que os botes estaban secos e decorados, comezamos co noso experimento para crear os ambientadores. Precisamos:
Xelatina neutra en pó, suavizante, colorante alimentario e unha placa para quentar.

Xelatina neutra en pó, suavizante, colorante alimentario e unha placa para quentar.

Primeiro medimos canto suavizante precisabamos, e puxémolo a quentar nunha pota. Mentres coa axuda de unha culler botamos un pouco de xelatina en un bote, e cando o suavizante estivo bastante quente mesturamos todo:
O seguinte paso foi botar en cada frasquiño o colorante que a cada un máis lles gustaba:
Agora só nos queda botar a mestura de suavizante e xelatina nos botes con colorante e.....a remexer!!!! Como por arte de maxia, as cores espertan e adornan o noso bote!
Xa temos os suavizantes listos!!! Agora temos que esperar a que solidifiquen e se queden duriños:
Mentres os suavizantes se van enfriando facemos os carteliños que imos a colocar en cada bote:
Agasallos listos!!!! Estamos encantados co ben que nos quedaron e o ben que cheiran, esperamos que a vós tamén vos gustaran moito:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















































