Fai unha semana que Tea cumpriu 4 anos!!! Quixo celebralo con nós, e nada mellor que facelo con un sabrosísimo biscoito que nos encantou a todos!!PARABÉNS TEA!! Mirade que contenta estaba coa súa coroa especial:
sábado, 21 de mayo de 2016
miércoles, 11 de mayo de 2016
PLANTAMOS!!!
Coa chegada da primavera chega tamén o momento de plantar!! Na clase dos tulipáns tamén decidimos facelo pero de unha forma un pouquiño diferente do normal.
Queriamos aprender cómo nacen as plantas, qué coidados necesitan...así que puxémonos mans á obra!
O primeiro que precisamos foi un vaso de plástico e unha foto dos nosos pequenos "tulipáns", á cal lle cortamos o pelo, xa que a nosa planta cando creza vai a facer de pelo.
Nestes vamos empezamos a botar todo o que necesita a nosa planta:
1º. AREA:
2º TERRA:
3º SEMENTES:
4º ABONO:
5º AUGA:
Agora só nos queda poñelas ó sol e a esperar:
Pouquiño a pouco vai empezando a verse o noso "pelo".
E despois de unhos días...xa naceron todas as plantas!!
miércoles, 4 de mayo de 2016
PINTURAS NATURAIS
Continuamos o Proxecto da Prehistoria e continuamos aprendendo cousas sobre as diferentes pinturas rupestres que elaboraban na antigüidade, e coas que decoraban as covas.
Fai uns días pintamos un mural con témperas imitando as pinturas prehistóricas, pero agora utilizamos diferentes elementos naturais cos que pintaban antigamente e que podemos atopar ó nosos redor e na natureza.
Pintamos con carbón:
Con barro:
E con flores:
Pintar con carbón gustounos moito, fixemos varios debuxos e acabamos pintando non só iso!!tamén as mesas, as mans...foi moi divertido:
O barro e as flores pintaban un pouquiño menos pero tamén nos gustou moito probalas, e ver que podemos sacar cores dos elementos do nosos contorno:
Grazas a esta actividade aprendemos que ó noso redor tamén podemos sacar pinturas coas que facer grandes obras de arte, coma se fosemos prehistóricos, e quedáronnos debuxos preciosos!!
lunes, 2 de mayo de 2016
DÍA DO LIBRO
A semana pasada celebramos no cole o Día do Libro!
Unha das actividades que se realizaron foron uns contacontos que alumnos de Primaria fixeron nas aulas de Infantil. Á nosa aula viñeron unhas nenas de 6º curso que nos contaron o conto "A toupiña quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza", e gustounos moito, dende aquí dámoslles as grazas!
Tamén traballamos os diferentes contos que leemos na clase durante o curso e cada alumno elixiu o que máis lle gustaba, mirade cal foi a súa elección:
Tamén nos acordamos das nosas familias un día coma este e quixemos darlles un pequeno agasallo: un marcapáxinas do "Monstro de cores". Foi un conto que traballamos moito na aula e que lles encanta. Espero que vos gustara e que o usedes moito:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)































































