sábado, 4 de noviembre de 2017

CHEGOU O SAMAIN!!!

Por fin chegou o Samaín, a festa máis terrorífica do ano!!
Comezamos decorando a porta da aula con unha terrible catrina que nos daba a benvida tódolos días.
 Este foi o resultado!
Como nos gustou moito o tema das catrinas mexicanas decidimos pintar unha cada un para decorar tamén as ventás, aínda que na foto non se vexa moi ben, quedaron realmente preciosas!!!
A clase xa estaba lista, agora era a quenda de decorar os corredores, para iso fixemos una exposición  de cabazas. As familias que o desexasen podían decorar a súa e tráela para que todos viramos que bonitas estaban:
Xa temos todo listo para o día da festa agora só falta buscar un disfrace de moito medo e a disfrutar!!
Mirade que terroríficos estaban os nosos tulipáns:
Realmente dabamos moito medo, pero foi moi divertido! Fixemos xogos, vimos debuxos de medo, debuxamos cousas que nos asustaban moito...e tamén como non,  elaboramos una merenda terrorífica que nos encantou: pantasmas e arañas!!

Para as pantasmas precisamos plátanos e pepitas de chocolate:

 Para as arañas precisamos galletas, troncos de gominola e palitos de chocolate:

Merenda lista!! A comer!!






viernes, 20 de octubre de 2017

ARDE GALICIA :(

Os tulipáns non podemos permanecer alleos ós problemas que está sufrindo Galicia estes días!! Estase queimando a nosa terra e estamos todos moi tristes de ver como o lume está arrasando montes, casas e ata a vida de persoas!!😢

Os tulipáns temos claro como queremos que esté Galicia:
E como non queremos volver a ver a nosa terra:

Queremos que todo o mundo se entere e decidimos poñelo nas ventás da nosa aula para que non se nos olvide!!

Oxalá non se volva a repetir!! LUME NON!!





miércoles, 11 de octubre de 2017

CUMPLE DE ABDELLAH

Esta semana o noso compañeiro Abdellah cumpriu 5 anos, e celebrámolo con él con una gran merenda! Parabéns Abdellah!!


XOGANDO NOS RINCÓNS!

Xa comezamos coas rutinas na aula e unha das que máis lles gusta, por non dicir a que máis, é o xogo por rincóns que normalmente facemos a última hora da mañá.
Hai rincóns que xa coñecemos de cursos pasados coma:

A casiña, que favorece o xogo simbólico:
 A pantalla dixital, coa que traballamos todo tipo de contidos:
Ou o rincón da plastilina, para mellorar a motricidade fina, a imaxinación e como se ve nas fotos tamén a lectoescritura:
 Pero este curso engadimos xogos e xoguetes novos!! Estamos encantados con eles!! Coma por exemplo:

As novas construccións de imán:
E un dos máis queridos; o noso rato Jack!! que nos axuda a establecer itinerarios, favorece a orientación espacial, e fainos pasar grandes momentos:






martes, 3 de octubre de 2017

CUMPLES DE VERÁN

Despois de un pequeno retraso por fin celebramos os cumples dos nosos compis que cumpriron 5 anos nos meses de verán e non puideron celebralo con nós.
Lola, Lucía, Thiago e Luís xa tenen 5 anos e celebrárono cos seus amigos tulipáns con unha rica merenda e unha boa festa!