Xa comezamos coas rutinas na aula e unha das que máis lles gusta, por non dicir a que máis, é o xogo por rincóns que normalmente facemos a última hora da mañá.
Hai rincóns que xa coñecemos de cursos pasados coma:
A casiña, que favorece o xogo simbólico:
A pantalla dixital, coa que traballamos todo tipo de contidos:
Ou o rincón da plastilina, para mellorar a motricidade fina, a imaxinación e como se ve nas fotos tamén a lectoescritura:
Pero este curso engadimos xogos e xoguetes novos!! Estamos encantados con eles!! Coma por exemplo:
As novas construccións de imán:
E un dos máis queridos; o noso rato Jack!! que nos axuda a establecer itinerarios, favorece a orientación espacial, e fainos pasar grandes momentos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario