sábado, 4 de noviembre de 2017

CHEGOU O SAMAIN!!!

Por fin chegou o Samaín, a festa máis terrorífica do ano!!
Comezamos decorando a porta da aula con unha terrible catrina que nos daba a benvida tódolos días.
 Este foi o resultado!
Como nos gustou moito o tema das catrinas mexicanas decidimos pintar unha cada un para decorar tamén as ventás, aínda que na foto non se vexa moi ben, quedaron realmente preciosas!!!
A clase xa estaba lista, agora era a quenda de decorar os corredores, para iso fixemos una exposición  de cabazas. As familias que o desexasen podían decorar a súa e tráela para que todos viramos que bonitas estaban:
Xa temos todo listo para o día da festa agora só falta buscar un disfrace de moito medo e a disfrutar!!
Mirade que terroríficos estaban os nosos tulipáns:
Realmente dabamos moito medo, pero foi moi divertido! Fixemos xogos, vimos debuxos de medo, debuxamos cousas que nos asustaban moito...e tamén como non,  elaboramos una merenda terrorífica que nos encantou: pantasmas e arañas!!

Para as pantasmas precisamos plátanos e pepitas de chocolate:

 Para as arañas precisamos galletas, troncos de gominola e palitos de chocolate:

Merenda lista!! A comer!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario