miércoles, 1 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ

Onte día 30 de Xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz e para iso fixemos diferentes traballos e actividades.
As paredes do centro cubríronse con pequenos bonecos que cada alumno decorou con mensaxes e palabras de paz. A aula dos tulipáns por suposto, tamén participou, e cada neno e nena decorou o seu boneco como si fosen eles mesmos, mirade como quedaron:
     
 Con eles decoramos os corredores de todo o centro:
 As tres aulas de 4 anos tamén fixemos un gran mural para colocar no corredor de Infantil, fixemos una gran pomba da paz, e para elaborala utilizamos envases de magdalenas que pintamos de diferentes cores:
  
 Este foi o resultado, mirade que bonita:
Todos estes traballos como vedes foron previos ó día 30, pero ese día tamén o conmemoramos de forma especial. Viñemos todos con camisetas brancas, e despois de poñer o colgante da paz que elaboramos para a ocasión, acudimos ó pavillón para facer entre todo o alumnado do cole un símbolo de paz xigante, e cantar todos xuntos una canción sobre este tema.
As fotos de todo o centro facendo o símbolo da paz foron  moi difíciles de facer porque era un círculo moi grande pero póñovos estas para que vos fagades unha idea:






domingo, 22 de enero de 2017

A NEVE CHEGOU A ARTEIXO!!

Estamos pasando unha ola de frío en toda España e como non tamén chegou o frío á clase dos tulipáns!! Convertémonos por un día en Elsa de Frozen e creamos neve!!! Mirade que divertido foi.

O único que precisamos foi: uns pañais e un pouco de auga.
Primeiro abrimos o pañal e sacamos o algodón que ten dentro:
              
Despois de separar o algodón vimos que no pañal había uns polviños que parecían azucre e separámolos tamén para un bote.
Agora soamente temos que mesturar eses polviños con auga:

Esperamos un pouco.... e xa temos neve!!!
 Foi incrible tocala! parecía neve de verdade, soamente que un pouco menos fría!! Encantounos tocala e ver a súa textura!!
      
     
  
     
    
Aínda que nos quedou un pouco branda, fixemos de todo con ela: bolas, pequenos bonecos de neve, letras...
   
  





domingo, 15 de enero de 2017

CUMPLE DE EFRÉN

Durante as vacacións de Nadal o noso tulipán Efrén cumpriu 5 anos!! Ó volver ás clases quixo celebralo con nós con una rica merenda, e nós encantados de compartir ese momento con el! PARABÉNS EFRÉN!!!


FESTIVAL DE NADAL

Despois de un duro primeiro trimestre chegaron as merecidas vacacións, cheas de festas, comilonas, regalos e emocións....pero xa estamos de volta e con forzas renovadas para seguir traballando e aprendendo!!
Pero non pensedes que me esquecin da gran festa que fixemos para comezar as vacacións de Nadal, aquí tedes un pequeno resumen de ese día tan especial e no que o pasamos tan ben.
Chegamos á clase moi nerviosos, era o día do Festival e queríamos que todo saíra moi ben, mirade que guapos e con que ganas estabamos antes de saír a actuar:
E por fin chegou a hora!! Os espectadores estaban listos, o decorado tamén...
Só nos queda pasalo ben e facer que desfrutedes!!
Saímos a actuar!!


Este ano quixemos converter o Ceip de Arteixo nunha Gala de Fin de Ano, na que había de todo: actuacións estelares, anuncios de televisión, elegantes presentadores, reloxo para dar as badaladas e tomar as uvas... Aínda que dous obreiros pouco preparados estiveron a punto de deixarnos sen badaladas!!!

Menos mal que todo quedou nun susto e puidemos tomar as uvas (gusanitos) sen problema!
Nesta gran Gala os nenos e nenas de 4 anos bailamos unha moderna canción chamada "Duele el corazón", ensaiamos moito e fixémolo moi ben!!
Ademais do baile tamén fixemos un dos anuncios da publicidade, concretamente o de "Vivamos como galegos" e a pesar de que foi bastante difícil ensaialo porque eramos moitos nenos, ó final saíunos moi ben.
E para rematar...o baile final con todos os compañeiros de Infantil!
Foron moitas horas de traballo e ensaios pero mereceu a pena, nós pasámolo xenial e esperamos que a todos vos gustara!! Dende a clase dos Tulipáns queremos darvos as grazas pola vosa axuda!