Estamos pasando unha ola de frío en toda España e como non tamén chegou o frío á clase dos tulipáns!! Convertémonos por un día en Elsa de Frozen e creamos neve!!! Mirade que divertido foi.
O único que precisamos foi: uns pañais e un pouco de auga.
Primeiro abrimos o pañal e sacamos o algodón que ten dentro:
Despois de separar o algodón vimos que no pañal había uns polviños que parecían azucre e separámolos tamén para un bote.
Agora soamente temos que mesturar eses polviños con auga:
Esperamos un pouco.... e xa temos neve!!!
Foi incrible tocala! parecía neve de verdade, soamente que un pouco menos fría!! Encantounos tocala e ver a súa textura!!
Aínda que nos quedou un pouco branda, fixemos de todo con ela: bolas, pequenos bonecos de neve, letras...
No hay comentarios:
Publicar un comentario