Despois de un duro primeiro trimestre chegaron as merecidas vacacións, cheas de festas, comilonas, regalos e emocións....pero xa estamos de volta e con forzas renovadas para seguir traballando e aprendendo!!
Pero non pensedes que me esquecin da gran festa que fixemos para comezar as vacacións de Nadal, aquí tedes un pequeno resumen de ese día tan especial e no que o pasamos tan ben.
Chegamos á clase moi nerviosos, era o día do Festival e queríamos que todo saíra moi ben, mirade que guapos e con que ganas estabamos antes de saír a actuar:
E por fin chegou a hora!! Os espectadores estaban listos, o decorado tamén...
Só nos queda pasalo ben e facer que desfrutedes!!
Saímos a actuar!!
Este ano quixemos converter o Ceip de Arteixo nunha Gala de Fin de Ano, na que había de todo: actuacións estelares, anuncios de televisión, elegantes presentadores, reloxo para dar as badaladas e tomar as uvas... Aínda que dous obreiros pouco preparados estiveron a punto de deixarnos sen badaladas!!!
Menos mal que todo quedou nun susto e puidemos tomar as uvas (gusanitos) sen problema!
Nesta gran Gala os nenos e nenas de 4 anos bailamos unha moderna canción chamada "Duele el corazón", ensaiamos moito e fixémolo moi ben!!
Ademais do baile tamén fixemos un dos anuncios da publicidade, concretamente o de "Vivamos como galegos" e a pesar de que foi bastante difícil ensaialo porque eramos moitos nenos, ó final saíunos moi ben.
E para rematar...o baile final con todos os compañeiros de Infantil!
Foron moitas horas de traballo e ensaios pero mereceu a pena, nós pasámolo xenial e esperamos que a todos vos gustara!! Dende a clase dos Tulipáns queremos darvos as grazas pola vosa axuda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario