domingo, 15 de enero de 2017

FESTIVAL DE NADAL

Despois de un duro primeiro trimestre chegaron as merecidas vacacións, cheas de festas, comilonas, regalos e emocións....pero xa estamos de volta e con forzas renovadas para seguir traballando e aprendendo!!
Pero non pensedes que me esquecin da gran festa que fixemos para comezar as vacacións de Nadal, aquí tedes un pequeno resumen de ese día tan especial e no que o pasamos tan ben.
Chegamos á clase moi nerviosos, era o día do Festival e queríamos que todo saíra moi ben, mirade que guapos e con que ganas estabamos antes de saír a actuar:
E por fin chegou a hora!! Os espectadores estaban listos, o decorado tamén...
Só nos queda pasalo ben e facer que desfrutedes!!
Saímos a actuar!!


Este ano quixemos converter o Ceip de Arteixo nunha Gala de Fin de Ano, na que había de todo: actuacións estelares, anuncios de televisión, elegantes presentadores, reloxo para dar as badaladas e tomar as uvas... Aínda que dous obreiros pouco preparados estiveron a punto de deixarnos sen badaladas!!!

Menos mal que todo quedou nun susto e puidemos tomar as uvas (gusanitos) sen problema!
Nesta gran Gala os nenos e nenas de 4 anos bailamos unha moderna canción chamada "Duele el corazón", ensaiamos moito e fixémolo moi ben!!
Ademais do baile tamén fixemos un dos anuncios da publicidade, concretamente o de "Vivamos como galegos" e a pesar de que foi bastante difícil ensaialo porque eramos moitos nenos, ó final saíunos moi ben.
E para rematar...o baile final con todos os compañeiros de Infantil!
Foron moitas horas de traballo e ensaios pero mereceu a pena, nós pasámolo xenial e esperamos que a todos vos gustara!! Dende a clase dos Tulipáns queremos darvos as grazas pola vosa axuda!




lunes, 19 de diciembre de 2016

ENTREGAMOS A CARTA ÓS REIS MAGOS!

Xa falta moi pouquiño para o Nadal, e temos xa case todo preparado, ata a carta para enviarlle ós Reis Magos!!
Esta mañá viñeron os paxes reais a buscalas, e aproveitamos para contarlles que tal nos portamos e que queremos pedir.
Estamos desexando saber si nos traen todo o que queremos!
       
      
   
   
      


CUMPLE LARA!!

A pasada semana Lara Roca estivo de cumpleanos e celebramos con ela os seus 4 anos!! PARABÉNS Lara e grazas por esta merenda tan rica que compartiche con nós!! 


domingo, 11 de diciembre de 2016

DESPEDIDA DE OLIVA!

O pasado mércores tivemos una mala noticia na clase dos tulipáns!! Despedimos á profe Oliva, a nosa mestra de apoio que tanto queremos e coa que tanto traballamos.
Rematou a substitución que estaba cubrindo e ten que marchar a outros coles, así que con moita pena despedímonos dela con toda a emoción do mundo!!
Quixemos facerlle algún pequenos agasallos para que non nos olvide!!
Moitas grazas por todo Oliva, os tulipáns non te imos olvidar!! Grazas por axudarnos e ensinarnos tanto!!!
Aproveito tamén para darlle a benvida á profe Salvia que seguro que tamén non vai a ensinar un montón de cousas!!

TRASPLANTAMOS OS TULIPANS!!

Xa comezaron a nacer os tulipáns que plantamos  a principio de curso!!!! Aínda que tardaron un pouquiño, a maioría dos bulbos comezaron a crecer e chegou o momento de transplantalos a uns recipientes individuais para que cada planta poda seguir crecendo e intentar así que cando chegue a primavera  aparezan as nosas desexadas flores.
 Primeiro botamos terra nos novos botes:
 Despois collemos os bulbos coa súa raíz e metémolos na terra tapándoos ben e deixando a punta á vista:

Listos, agora a regalos e poñelos cerca da ventá! e a esperar a que as nosas plantas sigan medrando!!





domingo, 4 de diciembre de 2016

CUMPLE DE OLALLA

A nosa "tulipán" Olalla celebrou o venres o seu cumple con nós!! Xa ten 4 anos e estaba moi emocionada por compartir un día tan especial cos seus compañeiros! Tróuxonos unha merenda deliciosa e foi un día moi especial! PARABÉNS OLALLA!!

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de Novembro celebrouse o Día Mundial contra a violencia de Xénero, e a clase dos tulipáns quixemos conmemorar tamén esta data tan importante e significativa.
Traballamos o tema da eliminación de estereotipos a través de un conto que vimos cos nosos compañeiros de nivel:
Despois de falar e analizar o conto que visionamos, pintamos   debuxos da protagonista, cos que fixemos un mural no que quixemos representar o importante que é non crear estereotipos nos nenos, coma vestir de unha cor por ser neno ou nena, ou realizar diferentes actividades segundo o xénero :
Tamén falamos na aula de cal era o motivo de esta conmemoración e sumámonos á cor morada que a representa!!
Os tulipáns estamos en contra de calquera tipo de violencia!!!