Xa comezaron a nacer os tulipáns que plantamos a principio de curso!!!! Aínda que tardaron un pouquiño, a maioría dos bulbos comezaron a crecer e chegou o momento de transplantalos a uns recipientes individuais para que cada planta poda seguir crecendo e intentar así que cando chegue a primavera aparezan as nosas desexadas flores.
Primeiro botamos terra nos novos botes:
Despois collemos os bulbos coa súa raíz e metémolos na terra tapándoos ben e deixando a punta á vista:
Listos, agora a regalos e poñelos cerca da ventá! e a esperar a que as nosas plantas sigan medrando!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario