jueves, 18 de mayo de 2017

DÍA DA FAMILIA

O pasado 15 de maio celebrouse o Día da Familia e a clase dos tulipáns quixemos facer un pequeno agasallo para regalarlle á nosa familia, que tanto nos cuida.
Elaboramos uns portavelas moi bonitos con plastilina, decorámolos con moitos brillantes e envolvémolos para que vos gustaran moito.

Primeiro tivemos que estirar ben a plasti, e coa axuda de un molde fixemos figuras con formas de flor.
Despois decorámola con brillantes, estreliñas e purpurina, para que quedara ben bonita:
Mirade que bonitos nos quedaron os nosos portavelas!!
Agora soamente nos queda envolvelos e esperar a que á nosa familia lles guste tanto como nos gustou a nós facelos!

FELIZ DÍA DA FAMILIA!



miércoles, 17 de mayo de 2017

PLANTAMOS LENTELLAS

Cada vez fai máis calor e temos máis sol así que na clase dos tulipáns decidimos seguir probando a plantar cousiñas para continuar aprendendo moito máis sobre a vida e coidados das plantas.
En esta ocasión decidímonos por plantar as clásicas legumes en algodón, concretamente plantamos lentellas!! Queriamos algo que crecese rápido e que nos permitise diferenciar ben as partes das plantas, así que puxémonos mans á obra!!
Precisamos:
Un vaso transparente para ver ben todo o proceso, un anaquiño de algodón e sementes de lentella.
Xa estamos preparados, cada neno puxo o nome no seu vaso e colocaron as lentellas na sua "camiña" de algodón.
Listo!! Agora a regalas ben e poñelas ó sol para ver como medran!!
                      
                   
Agora a coidalas e a medrar!!!