Despois do éxito da receita do "membrillo" volvemos a converternos en cociñeiros e nesta ocasión fixemos "palomitas de millo"!!
Primeiro observamos como son as mazorcas de millo que coñecemos normalmente e debatemos si con elas poderiamos facer palomitas, a maioría pensaban que si, así que probamos a ver que pasaba. Debullamos uns cantos grans e metémolos na pota quente:
Pero... non conseguiamos que saísen as palomitas!! solo conseguimos que se queimasen:
Xa que non o conseguimos, seguimos pensando e vimos que non estábamos usando o millo adecuado, xa que o que precisábamos era outro tipo de gran máis pequeno!! Comparamos os dous e decidimos probar si con este saían as palomitas!
Metemos os grans de millo na pota, botamos un pouco de aceite e sal, e esperamos a ver que pasaba:
Agora si!!!!!coa calor as palomitas comezan a saír!! encantounos ver como facían e escoitar as súas explosións!!
Facían tanto ruído cando explotaban que quixemos ver que pasaba si quitábamos a tapa da pota... e vimos que as palomitas saltaban polos aires!! canto nos rimos con elas!
As palomitas seguían saíndo e nós con unhas ganas enormes de probalas, así que non esperamos máis e puxémonos a comelas!
Estaban boísimas e pasámolo en grande!!estamos desexando repetir!!