lunes, 30 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN DE DINOSAUROS

Fai unhas semanas tivemos unha saída a unha exposición de Dinosauros e Prehistoria que se celebraba en Expocoruña. Xa que durante este curso traballamos estes  dous proxectos  non podíamos faltar así que marchamos rumbo a Coruña con moitas ganas de ver estes enormes animais.
Cando chegamos a Coruña estabamos desexando ver os Dinosauros, e cando chegamos a Expocoruña non nos podiamos crer que fosen animais tan enormes!!! A pesar de habelo estudado meses atrás, sorprendeunos o seu gran tamaño!
Ademais das maquetas dos dinosauros, tamén coñecemos a un paleontólogo, que nos ensinou como se deben buscar os restos e fósiles que están enterrados na terra. E por suposto non o dubidamos e puxémonos a buscalos como auténticos expertos:
 Ademais de dinosauros, unha parte da exposición trataba sobre a Prehistoria, e puidemos ver cómo eran os primeiros homes que existiron, e qué animais vivían naquela época, como os mamuts:
Gustounos moito a exposición, pasámolo xenial e seguimos aprendendo cousas sobre os nosos proxectos!!
 

domingo, 22 de mayo de 2016

DÍA DA FAMILIA

O día 15 de maio celébrase o "Día da Familia" e na clase dos tulipáns decidimos facer un pequeno agasallo para dicirvos familias todo o que vos queremos.
Puxémonos mans á obra para elaborar uns ambientadores caseiros que vos gustasen moito e que deran moi bo olor ás nosas casas.

Precisamos uns pequenos botes de cristal que decoramos co que máis nos gusta: purpurina, brillantes, goma eva...

Unha vez que os botes estaban secos e decorados, comezamos co noso experimento para crear os ambientadores. Precisamos:
 Xelatina neutra en pó, suavizante, colorante alimentario e unha placa para quentar. 
Primeiro medimos canto suavizante precisabamos, e puxémolo a quentar nunha pota. Mentres coa axuda de unha culler botamos un pouco  de xelatina en un bote, e cando o suavizante estivo bastante quente mesturamos todo:
 O seguinte paso foi botar en cada frasquiño o colorante que a cada un máis lles gustaba:

 Agora só nos queda botar a mestura de suavizante e xelatina nos botes con colorante e.....a remexer!!!! Como por arte de maxia, as cores espertan e adornan o noso bote! 
 
Xa temos os suavizantes listos!!! Agora temos que esperar a que solidifiquen e se queden duriños:
 Mentres os suavizantes se van enfriando facemos os carteliños que imos a colocar en cada bote:
Agasallos listos!!!! Estamos encantados co ben que nos quedaron e o ben que cheiran, esperamos que a vós tamén vos gustaran moito: