sábado, 17 de febrero de 2018

CUMPLE MATEO!

A pasada semana celebramos o cumple de Mateo que xa chegou ós 6 anos!! PARABÉNS MATEO e grazas por esa rica merenda e compartir con nós un día tan especial!!


martes, 6 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ!!

A pasada semana conmemoramos no centro o Día da Paz.
Na clase dos tulipáns traballamos moito este tema, debuxando  e escribindo os nosos desexos para un mundo de paz.

O martes día 30 todo o cole se xuntou para esta celebración, e todos vestidos de branco cantamos esta bonita canción:

E entre todo o alumnado elaboramos tamén unha pomba da paz no chan do pabillón:
Dende a clase dos tulipáns desexamos que a Paz e a Igualdade chegue a todo o mundo!





jueves, 1 de febrero de 2018

ACTIVIDADES DO CONCELLO

Este mes disfrutamos de dúas actividades que nos ofreceu o Concello de Arteixo e que nos gustaron moito e foron moi interesantes.
A primeira foi relacionada con Hábitos Saudables de Alimentación, onde aprendemos que comidas son mellores que outras ou como debemos de comportarnos  á hora de comer.

A outra das actividades foi de Música, e pasámolo xenial!! escoitamos cómo soa o saxofón e participamos en un conto músicado moi divertido:



 

domingo, 21 de enero de 2018

ACTIVIDADES DE NADAL!!

Xa pasaron as festas de Nadal, e imos ver un resumo de algunhas das actividades que levamos a cabo na clase dos tulipáns para celebrar estas datas tan bonitas!!

VISITA DOS CARTEIRO REAL:





DÍA DO FESTIVAL:

Preparándonos para actuar...


Hora de repoñer forzas:
Os tulipáns disfrutamos moito en estas festas, e esperamos que vós tamén!!!



sábado, 13 de enero de 2018

CUMPLES!!

Na clase dos tulipáns, rematamos e comezamos o ano cargados de celebracións!!
Xa nos últimos días de  Decembro tivemos o cumple de Lara e Xiana que cumpriron 5 anos!! PARABÉNS para as dúas!
E  no 2018 celebramos con Efrén a súa chegada ós 6 anos!! PARABÉNS para él!!


domingo, 10 de diciembre de 2017

POSTAIS DE NADAL

Xa están aquí as postais solidarias de Arteixo!!
Cada ano os centros educativos de Arteixo participamos en esta campaña de recollida de alimentos, elaborando diferentes postais navideñas, que podedes conseguir nos diferentes comercios do concello. Poderedes levalas para a casa entregando a cambio alimentos non perecedeiros.

Podedes conseguilas nos seguintes establecementos:
Como vedes, as postais da clase dos tulipáns están en "Peluquería Imagen".

Aquí vos deixo un pequeño resumo de cómo elaboramos estas postais, esperamos que vos gusten!!

Fixemos unhas árbores de Nadal usando troqueles de copos de neve.
O primeiro que fixemos foi pintar con pincel o fondo da nosa postal.
Despois tivemos que "troquelar" moitos copiños de neve de goma eva, cada un do color que máis lle gustaba:

 Cando os copos de neve estaban listos, tivemos que pegalos formando un triángulo para darlle forma de árbore:
Por útimo toca decóralo, con estrela, bolas de cores...
   
Listas as nosas postais navideñas!!
Esperamos que se consigan moitos alimentos para as persoas que máis o necesiten!!