domingo, 10 de diciembre de 2017

POSTAIS DE NADAL

Xa están aquí as postais solidarias de Arteixo!!
Cada ano os centros educativos de Arteixo participamos en esta campaña de recollida de alimentos, elaborando diferentes postais navideñas, que podedes conseguir nos diferentes comercios do concello. Poderedes levalas para a casa entregando a cambio alimentos non perecedeiros.

Podedes conseguilas nos seguintes establecementos:
Como vedes, as postais da clase dos tulipáns están en "Peluquería Imagen".

Aquí vos deixo un pequeño resumo de cómo elaboramos estas postais, esperamos que vos gusten!!

Fixemos unhas árbores de Nadal usando troqueles de copos de neve.
O primeiro que fixemos foi pintar con pincel o fondo da nosa postal.
Despois tivemos que "troquelar" moitos copiños de neve de goma eva, cada un do color que máis lle gustaba:

 Cando os copos de neve estaban listos, tivemos que pegalos formando un triángulo para darlle forma de árbore:
Por útimo toca decóralo, con estrela, bolas de cores...
   
Listas as nosas postais navideñas!!
Esperamos que se consigan moitos alimentos para as persoas que máis o necesiten!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario