lunes, 14 de mayo de 2018

PLANTAMOS FLORES!!

Xa hai varios días que chegou a primavera, e que mellor época que esta para plantar flores na aula!!
O primeiro que fixemos foi decorar as macetas nas que íamos a plantar, así que collemos rotuladores e mans á obra!!
 
 
As macetas están listas así que comezamos a plantación! 
Usamos terra, sementes de flores e auga.

Listo!!un pouquiño máis de terra e a poñer as plantas ó sol! esperemos medren rápido!!


SEMANA DA CIENCIA

A pasada semana celebramos no cole a Semana da Ciencia!! Os alumnos de primaria ensináronnos varios experimentos que nos gustaron moito e cos que aprendimos moitas cousas, algún incluso parecían trucos de maxia!!
Que día máis divertido, agora todos queremos ser científicos!!!
  




martes, 1 de mayo de 2018

SEMANA DO LIBRO

A pasada semana conmemorouse o Día do Libro e  por suposto os tulipáns, ós que nos encantan os libros, fixemos moitas actividades relacionadas cos mesmos.

Convertémonos en escritores e entre todos escribimos un conto grupal no cal inventamos a historia, escribimos o texto, debuxamos as personaxe...agora só queda o montaxe final (que está en proceso) e en nada poderemos ensinárvolo!!
Foi moi divertido todo este proceso xa que tivemos que facer varias votacións para poñernos de acordo sobre a historia, e que personaxes aparecerían nela.
Aquí estamos en pleno proceso de escritura e debuxo do mesmo, mirade que concentrados:
     

Outra das actividades para o día do libro foi a elaboración de este divertido marcapáxinas con forma de rato, e que levamos para a casa e poder usalo cos nosos contos.



Unha das actividades de esa semana que máis éxito tivo foi o Padriño Lector!! Os nenos de 5º de Primaria viñeron a buscarnos á nosa clase para lernos de forma individual diferentes contos.
Cada neno "maior" era o encargado e responsable de lerlle un conto a cada neno "pequeno" e para esta actividade utilizamos diferentes zonas do centro onde estaban tranquilos e concentrados.
Tanto os maiores coma os pequenos estaban encantados!