A pasada semana conmemorouse o Día do Libro e por suposto os tulipáns, ós que nos encantan os libros, fixemos moitas actividades relacionadas cos mesmos.
Convertémonos en escritores e entre todos escribimos un conto grupal no cal inventamos a historia, escribimos o texto, debuxamos as personaxe...agora só queda o montaxe final (que está en proceso) e en nada poderemos ensinárvolo!!
Foi moi divertido todo este proceso xa que tivemos que facer varias votacións para poñernos de acordo sobre a historia, e que personaxes aparecerían nela.
Aquí estamos en pleno proceso de escritura e debuxo do mesmo, mirade que concentrados:
Outra das actividades para o día do libro foi a elaboración de este divertido marcapáxinas con forma de rato, e que levamos para a casa e poder usalo cos nosos contos.
Unha das actividades de esa semana que máis éxito tivo foi o Padriño Lector!! Os nenos de 5º de Primaria viñeron a buscarnos á nosa clase para lernos de forma individual diferentes contos.
Cada neno "maior" era o encargado e responsable de lerlle un conto a cada neno "pequeno" e para esta actividade utilizamos diferentes zonas do centro onde estaban tranquilos e concentrados.
Tanto os maiores coma os pequenos estaban encantados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario