domingo, 24 de septiembre de 2017

FESTA DE FIN DE CURSO

Comezamos un novo curso pero non podemos esquecernos do ben que o pasamos cando rematamos o curso pasado. 
Tivemos una gran festa na que non faltaron xogos, música e una merenda deliciosa.
Así que, que mellor forma de comezar un curso novo que recordando o ben que o pasamos no anterior.
Este é un pequeno resumo de ese día de festa:
Primeiro tivemos tempo para xogos, bailes e tatuaxes!
       
 Despois  para repoñer forzas chegou o momento de merendar e xa que era día de festa, tivemos merenda especial!
  
 Despois de recuperar as forzas, a seguir xogando!!

Foi un gran día, pasámolo xenial e estamos seguros de que este curso que comeza será aínda mellor!!




BENVIDOS Ó NOVO CURSO!!!

Benvidos a todos a un novo curso que comeza!!!!

lunes, 5 de junio de 2017

COMO MEDRARON AS LENTELLAS!!

Acordádesvos das lentellas que plantamos no algodón e no seu vasiño de plástico? Coidámolas tan ben que mirade como creceron!!

Decidimos transplantalas  botándolles terra e regándoas ben para poder levalas para a casa:
     
                 
Listas! agora a levalas cada un para a súa casa e a seguir coidándoas moito para que sigan medrando!!
  
 



SAÍDA Ó PLANETARIO!!

Xa que o proxecto do Universo está sendo un éxito tiñamos que realizar unha saída que consideramos que era “obrigatoria” para seguir aprendendo sobre este tema, por suposto esa saída era ó Planetario!!
Así que marchamos para a Coruña a ver a Casa das Ciencias e a ver o Planetario que a mesma contén na súa parte superior!
O primeiro que fixemos ó chegar foi subir ó piso de arriba e ver o Planetario. Era como un cine, no que vimos estrelas, planetas, constelacións...gustounos moito e foi moi divertido. Unha estrela chamada Fugaz ensinounos moitas cousas do universo.
Cando rematou a sesión do Planetario aproveitamos para ver un pouco algún dos experimentos que hai na Casa das Ciencias, aínda que era un pouco complexos para nós, pasámolo moi ben xogando con eles:

 Foi un día moi divertido no que aprendemos moitas cousas, gústanos moito o tema do Universo e visitar museos tan interesantes coma este! Xa estamos desexando repetir!









CUMPLES DE ALBA E ANDREA!

 A pasada semana tivemos dous cumples que celebrar na clase dos tulipáns! Alba e Andrea cumpriron xa 5 anos e celebrámolo todos xuntos merendando! PARABÉNS ALBA E ANDREA!