Xa que o proxecto do Universo
está sendo un éxito tiñamos que realizar unha saída que
consideramos que era “obrigatoria” para seguir aprendendo sobre
este tema, por suposto esa saída era ó Planetario!!
Así que marchamos para a
Coruña a ver a Casa das Ciencias e a ver o Planetario que a mesma
contén na súa parte superior!
O primeiro que fixemos ó chegar foi subir ó piso de arriba e ver o Planetario. Era como un cine, no que vimos estrelas, planetas, constelacións...gustounos moito e foi moi divertido. Unha estrela chamada Fugaz ensinounos moitas cousas do universo.
Cando rematou a sesión do Planetario aproveitamos para ver un pouco algún dos experimentos que hai na Casa das Ciencias, aínda que era un pouco complexos para nós, pasámolo moi ben xogando con eles:
Foi un día moi divertido no que aprendemos moitas cousas, gústanos moito o tema do Universo e visitar museos tan interesantes coma este! Xa estamos desexando repetir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario