O último día de clase antes das vacacións de Semana Santa fixemos un divertidísimo xogo de pistas por todo o colexio, no que despois de moito investigar, buscar e correr por todo o centro, descubrimos unha gran sorpresa!!
Cando chegamos á aula descubrimos una carta que nos daba diferentes pistas e nos animaba a seguir buscando outras similares por todo o cole.
Segundo nos dicía dita carta, si descubríamos todas as pistas atopariamos unha sorpresa, así que puxémonos mans á obra!!
Tivemos que estar moi atentos e actuar coma un gran equipo para saber onde poderían estar agachadas e despois de moitas emocións, conseguimos chegar ó final do xogo.
A rica sorpresa mereceu a pena!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario