O pasado venres 10 de Novembro celebramos no centro a festa do Magosto!
Foi una xornada moi completa na que tivemos xogos, talleres de froitas de outono, e como non...comimos ricas castañas!!
O primeiro que fixemos foi prepararnos para a festa, mirade que guapos:
Xa coas nosas caras pintadas fomos a ver "ó castañeiro" Beni para levarlle as castañas que queríamos asar, e que nos ensinara como ía a facer esa importante tarefa:
Mentras esperábamos a que se asaran as castañas, volvimos para a aula ó noso taller de froitos de outono, no que probamos diferentes froitas de esta época coma: kiwis, mazás, uvas, mangos...
Probamos moitas froitas e texturas diferentes, falamos de cal nos gustaba máis, en que se paracían...
Ó rematar este taller chegou a hora de xogar!! Marchamos ó pabillón onde disfrutamos de diferentes xogos de magosto!
O primeiro xogo foi: ENCESTAR CASTAÑAS:
Despois xogamos ás CARREIRA DE RELEVOS coas coroas de castañas!!
Chegou o turno de: XOGAR CO MILLO!!
E por último: CARREIRA DE CASTAÑAS:
Despois de tanto xogar e de tantas actividades, por fin chegou a hora de comer as castañas!!!! Collemos o bote que decoramos para este momento e fomos a por elas!! como chovía tivemos que comelas na aula pero iso non foi problema porque estaban boísimas!!
Foi un día moi intenso no que desfrutamos moito e o pasamos xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario