A profe Nuria estanos ensinando moitas cousas na clase de música, e unha delas é a facer ritmos!! si ensaiamos un pouquiño máis xa parecemos unha orquestra de verdade!! A TOCAR!!
miércoles, 22 de noviembre de 2017
RECUNCHO DO HOSPITAL
Na clase dos tulipáns temos un recuncho novo para xogar e seguir desenvolvendo o xogo simbólico, trátase do Recuncho do Hospital!!
Xa que estamos a traballar o proxecto do corpo decidimos que nos queríamos converter en médicos, enfermeiras e pacientes e vivir de primeira man a vida do hospital, e este foi o resultado, estamos encantados e pasámolo xenial:
martes, 14 de noviembre de 2017
FESTA DO MAGOSTO
O pasado venres 10 de Novembro celebramos no centro a festa do Magosto!
Foi una xornada moi completa na que tivemos xogos, talleres de froitas de outono, e como non...comimos ricas castañas!!
O primeiro que fixemos foi prepararnos para a festa, mirade que guapos:
Xa coas nosas caras pintadas fomos a ver "ó castañeiro" Beni para levarlle as castañas que queríamos asar, e que nos ensinara como ía a facer esa importante tarefa:
Mentras esperábamos a que se asaran as castañas, volvimos para a aula ó noso taller de froitos de outono, no que probamos diferentes froitas de esta época coma: kiwis, mazás, uvas, mangos...
Probamos moitas froitas e texturas diferentes, falamos de cal nos gustaba máis, en que se paracían...
Ó rematar este taller chegou a hora de xogar!! Marchamos ó pabillón onde disfrutamos de diferentes xogos de magosto!
O primeiro xogo foi: ENCESTAR CASTAÑAS:
Despois xogamos ás CARREIRA DE RELEVOS coas coroas de castañas!!
Chegou o turno de: XOGAR CO MILLO!!
E por último: CARREIRA DE CASTAÑAS:
Despois de tanto xogar e de tantas actividades, por fin chegou a hora de comer as castañas!!!! Collemos o bote que decoramos para este momento e fomos a por elas!! como chovía tivemos que comelas na aula pero iso non foi problema porque estaban boísimas!!
Foi un día moi intenso no que desfrutamos moito e o pasamos xenial!
sábado, 4 de noviembre de 2017
CHEGOU O SAMAIN!!!
Por fin chegou o Samaín, a festa máis terrorífica do ano!!
Comezamos decorando a porta da aula con unha terrible catrina que nos daba a benvida tódolos días.
Este foi o resultado!
Como nos gustou moito o tema das catrinas mexicanas decidimos pintar unha cada un para decorar tamén as ventás, aínda que na foto non se vexa moi ben, quedaron realmente preciosas!!!
A clase xa estaba lista, agora era a quenda de decorar os corredores, para iso fixemos una exposición de cabazas. As familias que o desexasen podían decorar a súa e tráela para que todos viramos que bonitas estaban:
Xa temos todo listo para o día da festa agora só falta buscar un disfrace de moito medo e a disfrutar!!
Mirade que terroríficos estaban os nosos tulipáns:
Realmente dabamos moito medo, pero foi moi divertido! Fixemos xogos, vimos debuxos de medo, debuxamos cousas que nos asustaban moito...e tamén como non, elaboramos una merenda terrorífica que nos encantou: pantasmas e arañas!!
Para as pantasmas precisamos plátanos e pepitas de chocolate:
Para as arañas precisamos galletas, troncos de gominola e palitos de chocolate:
Merenda lista!! A comer!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)