A pasada semana tivemos unha saída á Coruña para ver un concerto no Palacio da Ópera do grupo "Arcosiris". Tiñamos moitas ganas de ir como se pode ver nas nosas caras de ilusión cando montamos no autobús!!
Cando chegamos á Coruña gustounos moito ver o Palacio da Ópera, sobre todo a cascada que hai na entrada e as columnas enormes das portas:
Por fin entramos na sala do concerto, estabamos desexando que empezase a música!
Comeza o concerto de "ArcosIris":
O grupo estaba composto por 5 músicos que tocaban diferentes instrumentos de corda: dous violíns, unha viola, un violonchelo e un contrabaixo. Tocaron diferentes cancións sobre as distintas emocións e foi moi divertido!!
Este é un pequeno exemplo de como foi o concerto:
Pasámolo moi ben e gustounos moito, estamos desexando repetir!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario