miércoles, 1 de marzo de 2017

CHEGOU O ENTROIDO A ARTEIXO!!!!

Por fin chegou o Entroido!!! una festa que nos encanta á clase dos Tulipáns, onde todo se volve de cores, música, purpurina...e moitas ganas de pásalo ben!!
Este ano o tema elixido no Ceip de Arteixo foron "Os musicais" e cada ciclo elixiu un musical diferente para disfrazarse. En Educación Infantil decidimos que sería "O mago de Oz" e cada un dos niveis vestiríase como cada unha das personaxes do mesmo.

Ós nenos de 4 anos tocounos disfrazarnos de Espantallo así que puxémonos mans á obra porque tiñamos moito que facer:
   
  
 
 Recortamos, pegamos, debuxamos... e pouco a pouco o disfrace iba collendo forma!!! Estabamos desexando telo todo listo!

Pero non foi o único que fixemos na aula para desfrutar de estas festas do Entroido, tamén pintamos antefaces, caretas...
E pasámolo en grande cos "mandados do Meco"
E por fin chegou o día da festa do Entroido!!!! o disfrace de Espantallo do Mago de Oz estaba listo, soamente tiñamos que maquillarnos e vestirnos para saír a desfilar polas rúas de Arteixo!

Mirade que guapos estaban os nosos Tulipáns-Espantallos:
   
Estamos listos coa nosa profe "Dorothy", así que a desfilar e pasalo en grande:



Aquí vos deixo tamén dous pequenos videos do noso "desfile" pola rúa!!

Pasámolo tan ben que estamos desexando que chegue a próxima festa!





No hay comentarios:

Publicar un comentario