jueves, 23 de marzo de 2017

CONCERTO NA CORUÑA

A pasada semana tivemos unha saída á Coruña para ver un concerto no Palacio da Ópera do grupo "Arcosiris". Tiñamos moitas ganas de ir como se pode ver nas nosas caras de ilusión cando montamos no autobús!!
    
         
       
          
Cando chegamos á Coruña gustounos moito ver o Palacio da Ópera, sobre todo a cascada que hai na entrada e as columnas enormes das portas:
Por fin entramos na sala do concerto, estabamos desexando que empezase a música!
Comeza o concerto de "ArcosIris":
O grupo estaba composto por 5 músicos que tocaban diferentes instrumentos de corda: dous violíns, unha viola, un violonchelo e un contrabaixo. Tocaron diferentes cancións sobre as distintas emocións e foi moi divertido!!
Este é un pequeno exemplo de como foi o concerto:
Pasámolo moi ben e gustounos moito, estamos desexando repetir!!




CUMPLES DE PABLO E DIEGO

Seguimos celebrando os cumples do mes de Marzo, en esta ocasión foron Pablo e Diego os que festexaron con nós a súa chegada ós 5 anos!!PARABÉNS ós dous e grazas por estas merendas tan ricas!!!!
Cumple de Pablo:
 Cumple de Diego:

 

lunes, 13 de marzo de 2017

SAÍDA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO

A pasada semana tivemos unha invitación por parte da Biblioteca do Concello de Arteixo, que nos convidaba a un contacontos!!
Fíxonos moita ilusión porque nos encantan os contos e tamén ir en bus asique era a saída perfecta!
Contáronnos dous contos: "O capitán Calabrote" e "Cando Martiño tiña ganas de mexar na noite de Reis", foi moi divertido e fixéronnos rir moito!
   



CUMPLES DE MARZO!!

Xa chegou o mes de Marzo e ven cargadiño de celebracións, sobre todo de cumples dos nosos tulipáns!!! A semana pasada tocoulles a Sofía e a Lara que celebraron con nós a súa chegada ós 5 anos!! PARABÉNS SOFÍA E LARA! E grazas por esa merenda tan rica!!
Cumple de Sofía:
          
Cumple de Lara:
           

miércoles, 1 de marzo de 2017

CHEGOU O ENTROIDO A ARTEIXO!!!!

Por fin chegou o Entroido!!! una festa que nos encanta á clase dos Tulipáns, onde todo se volve de cores, música, purpurina...e moitas ganas de pásalo ben!!
Este ano o tema elixido no Ceip de Arteixo foron "Os musicais" e cada ciclo elixiu un musical diferente para disfrazarse. En Educación Infantil decidimos que sería "O mago de Oz" e cada un dos niveis vestiríase como cada unha das personaxes do mesmo.

Ós nenos de 4 anos tocounos disfrazarnos de Espantallo así que puxémonos mans á obra porque tiñamos moito que facer:
   
  
 
 Recortamos, pegamos, debuxamos... e pouco a pouco o disfrace iba collendo forma!!! Estabamos desexando telo todo listo!

Pero non foi o único que fixemos na aula para desfrutar de estas festas do Entroido, tamén pintamos antefaces, caretas...
E pasámolo en grande cos "mandados do Meco"
E por fin chegou o día da festa do Entroido!!!! o disfrace de Espantallo do Mago de Oz estaba listo, soamente tiñamos que maquillarnos e vestirnos para saír a desfilar polas rúas de Arteixo!

Mirade que guapos estaban os nosos Tulipáns-Espantallos:
   
Estamos listos coa nosa profe "Dorothy", así que a desfilar e pasalo en grande:



Aquí vos deixo tamén dous pequenos videos do noso "desfile" pola rúa!!

Pasámolo tan ben que estamos desexando que chegue a próxima festa!