domingo, 10 de diciembre de 2017

POSTAIS DE NADAL

Xa están aquí as postais solidarias de Arteixo!!
Cada ano os centros educativos de Arteixo participamos en esta campaña de recollida de alimentos, elaborando diferentes postais navideñas, que podedes conseguir nos diferentes comercios do concello. Poderedes levalas para a casa entregando a cambio alimentos non perecedeiros.

Podedes conseguilas nos seguintes establecementos:
Como vedes, as postais da clase dos tulipáns están en "Peluquería Imagen".

Aquí vos deixo un pequeño resumo de cómo elaboramos estas postais, esperamos que vos gusten!!

Fixemos unhas árbores de Nadal usando troqueles de copos de neve.
O primeiro que fixemos foi pintar con pincel o fondo da nosa postal.
Despois tivemos que "troquelar" moitos copiños de neve de goma eva, cada un do color que máis lle gustaba:

 Cando os copos de neve estaban listos, tivemos que pegalos formando un triángulo para darlle forma de árbore:
Por útimo toca decóralo, con estrela, bolas de cores...
   
Listas as nosas postais navideñas!!
Esperamos que se consigan moitos alimentos para as persoas que máis o necesiten!!





CUMPLES OLALLA E OSCAR

Comezamos un novo mes e con él chegan os últimos cumples do ano. A semana pasada Oscar e Olalla cumpriron 5 anos, e como non celebrámolo todos xuntos con una rica merenda. PARABÉNS!!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

FACEMOS MÚSICA!!

A profe Nuria estanos ensinando moitas cousas na clase de música, e unha delas é a facer ritmos!! si ensaiamos un pouquiño máis xa parecemos unha orquestra de verdade!! A TOCAR!!

RECUNCHO DO HOSPITAL

Na clase dos tulipáns temos  un recuncho novo para xogar e seguir desenvolvendo o  xogo simbólico, trátase do Recuncho do Hospital!!
Xa que estamos a traballar o proxecto do corpo decidimos que nos queríamos converter en médicos, enfermeiras e pacientes e vivir de primeira man a vida do hospital, e este foi o resultado, estamos encantados e pasámolo xenial:



martes, 14 de noviembre de 2017

FESTA DO MAGOSTO

O pasado venres 10 de Novembro celebramos no centro a festa do Magosto!
Foi una xornada moi completa na que tivemos xogos, talleres de froitas de outono, e como non...comimos ricas castañas!!

O primeiro que fixemos foi prepararnos para a festa, mirade que guapos:
Xa coas nosas caras pintadas fomos a ver "ó castañeiro" Beni para levarlle as castañas que queríamos asar, e que nos ensinara como ía a facer esa importante tarefa:
 Mentras esperábamos a que se asaran as castañas, volvimos para a aula ó noso taller de froitos de outono, no que probamos diferentes froitas de esta época coma: kiwis, mazás, uvas, mangos...
Probamos moitas froitas e texturas diferentes, falamos de cal nos gustaba máis, en que se paracían...

Ó rematar este taller chegou a hora de xogar!! Marchamos ó pabillón onde disfrutamos de diferentes xogos de magosto!

O primeiro xogo foi: ENCESTAR CASTAÑAS:

Despois xogamos ás CARREIRA DE RELEVOS coas coroas de castañas!!

Chegou o turno de: XOGAR CO MILLO!!

E por último: CARREIRA DE CASTAÑAS:

Despois de tanto xogar e de tantas actividades, por fin chegou a hora de comer as castañas!!!! Collemos o bote que decoramos para este momento e fomos a por elas!! como chovía tivemos que comelas na aula pero iso non foi problema porque estaban boísimas!!
Foi un día moi intenso no que desfrutamos moito e o pasamos xenial!