sábado, 6 de febrero de 2016

MAGOSTO E ACTIVIDADES DE OUTONO



Aínda que xa pasou bastante tempo dende  o Magosto e as actividades que fixemos do Outono, gustaríame facer un pequeno resumen  para que virades como o traballamos, e o ben que o pasamos na festa do colexio.

Estoume remontando un pouquiño atrás para mostrarvos as actividades do primeiro trimestre, pouco a pouco iremos poñéndonos ó día e colgarei as máis recentes!!

Comezamos a traballar a chegada do outono con un mural de follas secas!!


Fixemos unha clasificación de follas, pola súa forma, cor, tamaño….e cando as tivemos ordenadas pegámolas en un gran mural!    
              
              


 Este foi o resultado final, traballamos unha gran cantidade de conceptos (cores, formas, clasificacións...) e disfrutamos moito :


Outras das actividades traballadas no Outono comezou despois de ler un conto que nos gusta moito: “O polo Pepe”. No conto fálanse de diferentes tipos de cereais (trigo, millo, cebada…) e coa axuda da profe Oliva decidimos facer unha actividade traballando o millo.
Debullámolo, peneirámolo, xogamos cos seus carozos…e aproveitamos para botarlle un pouco de auga e amasámolo, traballando así todo tipo de texturas. Na clase non temos forno, pero iso non impediu que probaramos cómo sabería o pan de millo…e sabedes que? Gustounos moito!!!

Ademais das actividades da aula, no cole tamén celebramos a chegada do Outono, e fixémolo coa festa do Magosto!!!

Foi un día moi divertido no que tivemos de todo. 
Primeiro fixemos unha “yinkana” con xogos variados (tiro da corda, maquillaxe, debullar millo, proba de froitos de outono...). Entre todos os nenos/as de Infantil fixemos varios equipos que rotaron polos diferentes xogos.
Tanto xogo deunos moita fame así que collemos os nosos cestos que decoramos para a ocasión, e fomos a buscar as castañas asadas, típicas da festa!!
 Por fin chegou a hora de comer!! Que ricas estaban:


No hay comentarios:

Publicar un comentario