A miña primeira intención cando comecei o blog era facer un breve resumo do primeiro trimestre para "poñelo ó día" e despois ir xa colgando cousas de cada día.
Pero aínda que me queda falar do Nadal (non me olvido!), vou a pospoñelo un pouquiño máis e saltar para a festa do Entroido, xa que está moi recente e estou segura de que estades desexando ver cómo elaboramos o noso disfrace e o ben que o pasamos desfilando.
Este ano o tema do noso Entroido no cole era "Un viaxe pola historia", e cada ciclo se disfrazou de unha época histórica diferente (exipcios, romanos...).
A Infantil tocounos a Prehistoria así que decidimos disfrazarnos de personaxes dos Picapedra!! Cada nivel elixiu unha parella de estes famosos debuxos e ós de 3 anos, os máis pequeniños como non, fomos de Pebbles e Bam Bam, os bebés Picapedra!
Xa decidido o disfrace agora mans á obra para elaboralo:
Primeiro tivemos que recortar varios triángulos con moito coidadiño para adornar os nosos traxes:
Cando xa estaban todos recortados pegámolos nos nosos disfraces:
Despois puxémonos cos colares que van a levar as nenas, con masa de moldear fixemos pequenas boliñas con un buratiño no medio, deixámolas secar e despois pintámolas de amarelo:
Xa está casi todo listo, agora a esperar que chegue o gran día!! pero non só desfrutamos o venres do Entroido, durante toda a semana o Meco mandounos vir ó cole disfrazados con algún complemento (coroas, colares, túnicas...) foi moi divertido! Mirade que guapos están todos os "tulipáns" coas súas túnicas de romanos:
E como non podiamos olvidarnos do noso proxecto de dinosaurios que estamos a traballar, fixemos unhas caretas de Triceratops e Tiranosaurio Rex que daban moito medo:
E como non podiamos olvidarnos do noso proxecto de dinosaurios que estamos a traballar, fixemos unhas caretas de Triceratops e Tiranosaurio Rex que daban moito medo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario