viernes, 26 de febrero de 2016

CON MOITO RETRASO PERO ESTÁ AQUI O NADAL!!

Como este blog comezou un pouco tarde e o curso xa estaba comezado, estou aínda poñendo ó día entradas antigas, e quedaba unha moi importante...a do Nadal!!! pero aquí a tedes, un pequeno resumen do festival de Nadal, e do día que nos visitou o carteiro real!!
En este pequeno video podedes ver o ben que o pasamos cantando na festa do último día, e aínda encima actuando para as nosas familias!!!


Tamén esos días tivemos unha visita moi especial, o Carteiro Real pasouse polo Ceip de Arteixo para levarlles ás súas Maxestades os Reis Magos as nosas cartas!

miércoles, 24 de febrero de 2016

DESPEDIMOS A CHLOE!!

Esta entrada imos a dedicarlla ó noso "tulipán" Chloe que despois do Entroido nos abandonou porque marchou a vivir a outro lugar!
Dende aquí quero mandarlle un bico enorme a ela e á súa familia, e desexarlles que todo lles vaia moi ben!
Botarémoste de menos Chloe!! Espero que algún día nos podas ver por aquí e contarnos que tal che vai!!
 Ata sempre "tulipán" Chloe!!

lunes, 8 de febrero de 2016

CHEGOU O ENTROIDO!!!!


A miña primeira intención cando comecei o blog  era facer un breve resumo do primeiro trimestre para  "poñelo ó día" e despois ir xa colgando cousas de cada día. 
Pero aínda que me queda falar do Nadal (non me olvido!), vou a pospoñelo un pouquiño máis e saltar  para a festa do Entroido, xa que está moi  recente e estou segura de que estades desexando ver cómo elaboramos o noso disfrace e o ben que o pasamos desfilando.

Este ano o tema do noso Entroido no cole era "Un viaxe pola historia", e cada ciclo se disfrazou de unha época histórica diferente (exipcios, romanos...).
 A Infantil tocounos a Prehistoria así que decidimos disfrazarnos de personaxes dos Picapedra!! Cada nivel elixiu unha parella de estes famosos debuxos e ós de 3 anos, os máis pequeniños como non, fomos de Pebbles e Bam Bam, os bebés Picapedra!

Xa decidido o disfrace agora mans á obra para elaboralo: 
Primeiro tivemos que recortar varios triángulos con moito coidadiño para adornar os nosos traxes:
 Cando xa estaban todos recortados pegámolos nos nosos disfraces:
 Despois puxémonos cos colares que van a levar as nenas, con masa de moldear fixemos pequenas boliñas con un buratiño no medio, deixámolas secar e despois pintámolas de amarelo:
Xa está casi todo listo, agora a esperar que chegue o gran día!! pero non só desfrutamos o venres do Entroido, durante toda a semana o Meco mandounos vir ó cole disfrazados con algún complemento (coroas, colares, túnicas...) foi moi divertido! Mirade que guapos están todos os "tulipáns" coas súas túnicas de romanos:
E como non podiamos olvidarnos do noso proxecto de dinosaurios que estamos a traballar, fixemos unhas caretas de Triceratops e Tiranosaurio Rex que daban moito medo:

E despois de esta semana tan movida...por fin chegou o venres!!! o día da festa de Entroido!! Disfraces e a disfrutar!!!!!







 Aquí tedes un pequeno vídeo do ben que o pasamos, no desfile, no cole, na merenda....foi un día de moita festa, porque a vida é un Carnaval!!