miércoles, 28 de febrero de 2018

TALLER DOS SENTIDOS

Como xa sabedes seguimos traballando na aula o proxecto sobre o corpo humano, e a pasada semana falamos dos 5 sentidos.
Unha das actividades que fixemos para traballalos foi un taller do gusto e do tacto que nos axudou a diferencialos ben.

TALLER DO TACTO: tocamos diferentes texturas e recoñecémolas cos ollos pechados.

TALLER DO GUSTO: probamos diferentes alimentos e intentamos diferenciar si eran doces, amargos, salgados ou ácidos. Uns gustáronnos moitos pero outros...non tanto!!!


viernes, 23 de febrero de 2018

CUMPLE DE EMMA

Esta semana estivemos de celebración na clase dos tulipáns, Emma cumpriu 6 anos, e celebrouno con nós con esta rica merenda. PARABÉNS EMMA!!


sábado, 17 de febrero de 2018

CHEGOU O ENTROIDO!!

Chegou o Entroido a Arteixo e celebramos esta festa por todo o alto!!
Este ano o noso disfraz  foi de "holandeses e holandesas" xa que estamos traballando no cole diferentes países da Unión Europea, e Holanda foi o país que nos tocou ó nivel de 5 anos.

Como non puidemos saír a desfilar e a ensinar os nosos bonitos disfraces porque estaba chovendo, aquí tedes unhas fotos do ben que nos quedaba!
Foi un día moi divertido, desfilamos, bailamos, merendamos postres de entroido... pasámolo xenial!







CUMPLE MATEO!

A pasada semana celebramos o cumple de Mateo que xa chegou ós 6 anos!! PARABÉNS MATEO e grazas por esa rica merenda e compartir con nós un día tan especial!!


martes, 6 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ!!

A pasada semana conmemoramos no centro o Día da Paz.
Na clase dos tulipáns traballamos moito este tema, debuxando  e escribindo os nosos desexos para un mundo de paz.

O martes día 30 todo o cole se xuntou para esta celebración, e todos vestidos de branco cantamos esta bonita canción:

E entre todo o alumnado elaboramos tamén unha pomba da paz no chan do pabillón:
Dende a clase dos tulipáns desexamos que a Paz e a Igualdade chegue a todo o mundo!





jueves, 1 de febrero de 2018

ACTIVIDADES DO CONCELLO

Este mes disfrutamos de dúas actividades que nos ofreceu o Concello de Arteixo e que nos gustaron moito e foron moi interesantes.
A primeira foi relacionada con Hábitos Saudables de Alimentación, onde aprendemos que comidas son mellores que outras ou como debemos de comportarnos  á hora de comer.

A outra das actividades foi de Música, e pasámolo xenial!! escoitamos cómo soa o saxofón e participamos en un conto músicado moi divertido: