Hoxe este blog non pecha por vacacións, hoxe este blog pecha para sempre.
Rematou una etapa, un camiño xuntos que se ten que separar. Os tulipáns fixéronse maiores e tenen que deixar Educación Infantil.
A partir de agora comezan una nova etapa en Primaria: nova aula, novo/a mestre/a, novas experiencias, novos camiños que descubrir.
Dende aquí quero despedirme de vós, meus pequenos tulipáns, e das vosas familias.
Foron tres anos especiais, onde vos vin madurar, cambiar, nos que traballamos moito, rimos moito e aprendimos moito.
Non é fácil dicir adeus a un grupo coma este, nin a unhas familias coma estas.
Grazas por todo, por facer que todo fose máis sinxelo, e por valorar sempre o meu traballo.
Así comezamos a nosa aventura como clase dos tulipáns...
E así rematamos esta etapa!!
Moita sorte a partir de agora, disfrutade moito e non vos olvidedes nunca do voso paso por Infantil, eu non o vou a facer!!!